Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10655

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación de erro material na base VII das específicas das prazas de administrativo/a de Administración xeral da oferta de emprego público 2013.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 17 de febreiro de 2017 publicouse rectificación de erro material na base VII das específicas das prazas de administrativo/a de Administración xeral da oferta de emprego público 2013.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org.

Vigo, 17 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal