Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10654

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da aprobación das bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras.

A Xunta de Goberno Local do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de xaneiro de 2017, por unha unanimidade acordou:

– Aprobar as bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras do concello de Redondela.

– Ordenar a publicación deste acordo no DOG, no taboleiro de anuncios municipal, no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica municipal, nestes dous últimos casos acompañada do texto íntegro das bases para a entrada en vigor destas e, consecuentemente, inicio do desenvolvemento do programa citado.

Redondela, 2 de febreiro de 2017

Javier Bar Corugeira
Alcalde