Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10656

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se asume a competencia delegada polo Concello da Gudiña (xestión tributaria e recadación da taxa pola subministración de auga e canon de auga).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 27 de xaneiro de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello da Gudiña (xestión tributaria e recadación da taxa pola subministración de auga e canon de auga) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia, axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 2 de febreiro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense