Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10330

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, para executar no exercicio 2017.

1. Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do 22 de decembro de 2016, pola que se encomenda ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios (Tragsatec), o servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionadas cos procedementos de avaliación e coa autorización ambiental integrada.

– Actividade: apoio técnico cualificado a parte das funcións desenvoltas pola Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, nos ámbitos da avaliación ambiental estratéxica, avaliación do impacto ambiental e nos ámbitos da autorización ambiental integrada.

– Natureza e alcance do servizo técnico prestado: este servizo ten natureza intersubxectiva ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2017. O prazo máximo de finalización é o 31 de decembro de 2017 ou ata a total execución das unidades orzadas.

– Tipo de expediente: anticipado de gasto. A eficacia desta resolución queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas desta, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

2. Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do 22 de decembro de 2016, pola que se encomenda ao medio propio Tragsatec o servizo técnico cualificado para a predición do clima, o seguimento do estado ecolóxico das augas e o control da calidade do aire.

– Actividade: apoio técnico cualificado a parte das funcións desenvoltas pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, principalmente na predición e difusión meteorolóxica, o seguimento do estado ecolóxico das augas e o control da calidade do aire, mediante o desenvolvemento das actuacións descritas no texto da encomenda.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza el 1 de xaneiro de 2017. O prazo máximo de finalización é o 31 de decembro de 2017 ou ata a total execución das unidades orzadas.

– Tipo de expediente: anticipado de gasto. A eficacia desta resolución queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas desta, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

3. Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do 22 de decembro de 2016, pola que se encarga ao medio propio Tragsatec o servizo técnico cualificado para a análise, xestión e control de expedientes de produtores e xestores de residuos e a implantación, xestión, execución e seguimento das liñas estratéxicas do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020.

– Actividade: apoio técnico cualificado a parte das funcións desenvoltas pola Subdirección Xeral de Residuos, principalmente na análise, xestión e control de expedientes de produtores e xestores de residuos, así como na implantación, xestión, execución e seguimento das liñas estratéxicas do PXRUG 2010-2020, mediante o desenvolvemento das actuacións descritas no texto da encomenda.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2017. O prazo máximo de finalización é o 31 de decembro de 2017 ou ata a total execución das unidades orzadas.

– Tipo de expediente: anticipado de gasto. A eficacia desta resolución queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas desta, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio