Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10333

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de febreiro de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Peñarredonda, do concello da Coruña.

O representante da titularidade do centro privado Peñarredonda, do concello da Coruña, solicita a ampliación de dúas unidades de educación primaria e catro unidades de educación secundaria obrigatoria.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de dúas unidades de educación primaria e catro unidades de educación secundaria obrigatoria no centro privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación: centro privado (CPR) Peñarredonda.

Código do centro: 15004460.

Domicilio: r/ Xenebra, 3.

Localidade: Elviña.

Código postal: 15009.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Composición resultante:

Educación primaria: doce unidades.

Educación secundaria obrigatoria: oito unidades

Bacharelato: catro unidades das modalidades de:

– Ciencias (dúas unidades).

– Humanidades e ciencias sociais (dúas unidades).

Segundo. Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria