Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017 pola que se fai pública a corrección de erros na documentación que fai referencia á Resolución do 8 de febreiro de 2017, pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, ordinaria e anticipada de gasto, da obra de reparación da ponte do Xallas na AC-550, punto quilométrico 9+900 (clave AC/15/040.02, expediente E/005/2017).

No Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 15 de febreiro de 2017, publicouse a Resolución do 8 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato da obra de reparación da ponte do Xallas na AC-550, p.q. 9+900, de clave AC/15/040.02 e referencia E/005/2017.

Advertido un erro na publicación da documentación técnica que rexe esta licitación, ponse á disposición dos licitadores no perfil do contratante a documentación correcta (http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp? N=109236) e procédese a ampliar o prazo de presentación de ofertas.

Polo tanto, o novo prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 29.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas