Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017 pola que se fai pública a corrección de erros na documentación que fai referencia á Resolución do 6 de febreiro de 2017, pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, ordinaria e anticipada de gasto, da obra do Centro de Saúde de Gondomar (Pontevedra) (clave PO/17/004.30) (expediente E/001/2017).

No Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 13 de febreiro de 2017, publicouse a Resolución do 6 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato da obra do Centro de Saúde de Gondomar (Pontevedra), de clave PO/17/004.30 e referencia E/001/2017.

Advertido un erro na publicación da documentación técnica que rexe esta licitación, ponse á disposición dos licitadores no perfil do contratante a documentación correcta (http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp? N=109014) e procédese a ampliar o prazo de presentación de ofertas.

Polo tanto, o novo prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 29.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas