Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9745

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión de carácter técnico relativa á valoración das ofertas técnicas presentadas en expedientes de contratación relacionados co Camiño de Santiago.

De conformidade co artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Axencia Turismo de Galicia á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión de carácter técnico relativa á valoración das ofertas técnicas presentadas en expedientes de contratación relacionados co Camiño de Santiago, coas seguintes características:

– Actividade: emisión, por parte de persoal técnico cualificado da Axencia Galega de Infraestruturas, dun informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas nos seguintes expedientes de contratación relacionados co Camiño de Santiago:

– Contratación, non suxeita a regulación harmonizada da obra por lotes do Proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do camiño Inglés para adaptalo á nova delimitación oficial 2013-2014, polo procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.2.

– Contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo por lotes do mantemento integral e conservación do Camiño de Santiago, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios, tramitación anticipada.

– Contratación da obra de construción da recuperación, sinalización e mellora do camiño Fisterra-Muxía.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao realizarse entre entidades públicas pertencentes ao sector público autonómico dotadas de personalidade xurídica propia e ao ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia da encomenda: ata o 31.12.2017.

– Causas de resolución: incumprimento total ou parcial dalgunha das condicións esenciais que regulan a presente encomenda de xestión, o transcurso do tempo estipulado sen que se realizasen as actividades acordadas, o mutuo acordo das partes asinantes e a denuncia por causas de interese público, por instancia de calquera das partes.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia