BDNS (Identif.): 333268.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os pescadores enrolados en buques pesqueiros ou, segundo o caso, con titulación que permita desenvolver a actividade pesqueira.
Segundo. Finalidade
As axudas terán como finalidade:
1. A primeira adquisición dun buque de pesca.
2. A compensación socioeconómica a pescadores que traballasen a bordo dun buque pesqueiro obxecto de axuda á paralización definitiva.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convoca para o ano 2017 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.
Cuarto. Importe
Para o ano 2017 as axudas concederanse de acordo coa seguinte desagregación e figuran dotadas no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2017, e tramitaranse de forma anticipada:
Aplicación orzamentaria: 14.02.723A.780.0. Importe: 500.000,00 € para adquisición dun buque de pesca.
Aplicación orzamentaria: 14.02.723A.770.2. Importe: 110.073,60 € para compensar os efectos da paralización definitiva.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2016
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar