Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación da subministración de seis fotocopiadoras multifunción mediante a modalidade de arrendamento.

Na Xunta Local de Goberno de data 17.1.2017, aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións de subministración 6 fotocopiadoras multifunción para o Concello de Mos mediante a modalidade de arrendamento (renting).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: subministración 6 fotocopiadoras multifunción para o Concello de Mos mediante a modalidade de arrendamento (renting).

CPV 30120000.

Duración do servizo: 2 anos con posibilidade de prórroga ata un máximo de 4 anos.

3. Procedimento: aberto.

4. Prezo do contrato: o valor estimado (4 anos) do contrato é de 48.000 € IVE incluído.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos, r/ Reguengo, 1, Petelos, 36416 Mos (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince días hábiles desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinalan nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o 6º día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para os efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Mos, 19 de xaneiro de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa