Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9486

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación de autorización administrativa para instalación de máquinas expendedoras en edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Oroso.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Duración da autorización: 2 anos, prorrogables por outros dous.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: varios criterios de adxudicación.

2. Canon base de licitación: 200 euros anuais por máquina.

3. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 50 % canon ofertado.

4. Obtención de documentación e información:

a) Na Casa do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Teléfono: 981 69 14 78, fax: 981 69 17 86.

c) Data límite de obtención documentación: ata 2 días naturais antes do remate do prazo para presentación de proposicións.

5. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas: 15 días hábiles a partir do seguinte día desde a derradeira publicación do presente anuncio no BOP, DOG ou perfil do contratante.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o artigo 8 do prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

6. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un límite de 1.000 euros.

Oroso, 17 de febreiro de 2017

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente