Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9488

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación pública da autorización administrativa para a instalación dunha barra de bar na alameda de Gois durante a Festa da Xuventude e a XXI Festa da Troita do ano 2017.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

2. Obxecto:

a) Tipo: autorización administrativa.

b) Descrición: servizos de explotación da barra de bar na Festa da Xuventude e XXI Festa da Troita.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase o artigo 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación (factor: prezo).

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

Festa de Xuventude: 5.121,86 euros.

Festa da Troita: 14.073,02 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (25 %) do prezo ofertado.

6. Requisitos específicos do contratista: véxase a cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 20 de febreiro de 2017

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde