Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9483

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da convocatoria para a selección dun funcionario interino durante seis meses por acumulación de tarefas.

No BOP de Lugo, do 30 de decembro de 2016, publicáronse as bases íntegras para a selección dun funcionario interino administrativo da Administración xeral (grupo C1, nivel 18) durante un período de seis meses por acumulación de tarefas.

No BOP de Lugo, do 26 de xaneiro de 2017, publicouse a seguinte modificación puntual das citadas bases:

«Modíficase a base 4.4. sobre o prazo de presentación de instancias, que queda redactada do seguinte xeito: “O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, no cal se fará referencia ao BOP en que foron publicadas as bases íntegras da convocatoria».

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

Guitiriz, 6 de febreiro de 2017

Regina Polín Rodríguez
Alcaldesa