Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 711/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 711/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Mirón Iglesias contra Lineanorte Multiservicios, S.L., sobre despedimento, ditouse resolución que é do teor literal seguinte:

Auto.

En Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 2017.

Feitos.

Primeiro. O 12 de xaneiro de 2017 este xulgado ditou sentenza pola que se estimaba a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L.

Segundo. A representación letrada de Luis Miguel Fernández Castro presentou escrito en que solicitaba aclaración ou rectificación da referida sentenza de conformidade cos artigos 267 da LOPX e 215 da LAC.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Dispón o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial: «1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan.

2. As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, e neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

4. As omisións ou defectos que puideren padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levalos plenamente a efecto poderán ser emendados, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no punto anterior.

5. Se se trata de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contado desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

6. Se o tribunal advirte, nas sentenzas ou autos que ditase, as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se diten, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

7. Do mesmo modo ao establecido nos puntos anteriores procederá o secretario xudicial cando se precise aclarar, rectificar, emendar ou completar os decretos que tiver ditado.

8. Non caberá recurso ningún contra os autos ou decretos en que se resolva acerca da aclaración, rectificación, emenda ou complemento a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza, auto ou decreto a que se refira a solicitude ou actuación de oficio do tribunal ou do secretario xudicial.

9. Os prazos para os recursos que procedan contra a resolución de que se trate interromperanse desde que se solicite a súa aclaración, rectificación, emenda ou complemento e, en todo caso, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto ou decreto que recoñecese ou negase a omisión do pronunciamento e acordase ou denegase remediala».

Segundo. En aplicación do disposto no precepto transcrito procede a rectificación da sentenza do 12 de xaneiro de 2017, nos seguintes termos:

No fundamento cuarto, último parágrafo, onde di: «Con base no exposto, atendida a antigüidade do demandante, 3 de marzo de 2016, o seu salario mensual de 1.716,53 euros e a data do despedimento, 25 de agosto de 2016, correspóndelle recibir unha indemnización de 928,61 euros por despedimento improcedente e un salario diario de 56,28 euros», debe dicir: «Con base no exposto, atendida a antigüidade do demandante, 3 de marzo de 2016, o seu salario mensual de 1.465,62 euros e a data do despedimento, 25 de agosto de 2016, correspóndelle recibir unha indemnización de 792,88 euros por despedimento improcedente e un salario diario de 48,05 euros».

No ditame, onde di: «Estímase a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra empresa Lineanorte Multiservicios, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 25 de agosto de 2016, e en consecuencia debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 56,28 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 928,61 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial», debe dicir: «Estímase a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 25 de agosto de 2016, e en consecuencia debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 48,05 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 792,88 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial».

Parte dispositiva.

Acórdase rectificar o contido da sentenza do 12 de xaneiro de 2017, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

No fundamento cuarto, último parágrafo, debe dicir: «Sobre a base do exposto, atendida a antigüidade do demandante, 3 de marzo de 2016, o seu salario mensual de 1.465,62 euros e a data do despedimento, 25 de agosto de 2016, correspóndelle recibir unha indemnización de 792,88 euros por despedimento improcedente e un salario diario de 48,05 euros».

No ditame debe dicir: «Estímase a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 25 de agosto de 2016, e en consecuencia debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 48,05 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 792,88 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial».

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

O/a maxistrado/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza