Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (524/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 524/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Roberto España Castro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega M.A.T.E.P.S.S nº 201, B.Y.E., S.C., sobre seguridade social, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Roberto España Castro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega, Mutua de Accidentes de Trabajo, e a entidade B.Y.E., S.C. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra elas articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa B.Y.C., S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza