Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 11/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Martínez Martínez contra Escenarent, S.L.U. sobre despedimento, se ditou a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada en data do 8.3.2016 no procedemento de despedimento seguido ante este xulgado co nº de autos 21/16 a favor da parte executante, Ramón Martínez Martínez, fronte a Escenarent, S.L.U., parte executada, por importe 34.604,51 euros de principal e de 3.460,45 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen perxuízo da súa posterior liquidación.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Escenarent, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza