Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2016/610-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Protea Productos del Mar, S.A.

Domicilio social: porto pesqueiro, s/n, 36900 Marín.

Denominación: fotovoltaica no porto pesqueiro de Marín.

Situación: Marín.

Características técnicas: instalación fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 161,2 kWP. Consta de 620 módulos e tres (3) inversores de 50 kW de potencia cada un, instalados sobre a cuberta dunha nave industrial, ocupando unha superficie de 2.170 metros cadrados, situada no porto pesqueiro de Marín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra