Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Leiro (expediente IN407A 2016/23-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT, Osebe.

Situación: Leiro.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV de 102 m de lonxitude, con condutor RHZ1 3 (1×95) AL con orixe no apoio nº 54 da LMT ALB804-Cabanelas 4, con PAS, e remate no CT fin de liña rural, formigón manobra exterior proxectado de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 41.244,90 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 2 de febreiro de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense