Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de febreiro de 2017 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa referencia 12-19-16-63.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a posta de manifesto dos documentos que constan no procedemento, nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos no Edif. de Área Central, praza de Europa, 5A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que xulguen convenientes, concedéndolles, así mesmo un prazo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente notificación, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que xulguen pertinentes ante o instrutor.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe da División Xurídica de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-19-16-63

6504-JJC

Garda Civil

Óscar Rguez. Casas.

R/ Mestre, nº 46,

08650 Sallent

(Barcelona)

Estacionamento prohibido.

19.6.2016; 17.28 horas

Malpica (A Coruña)

Art. 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM.

Arts. 17 e 64 da

OM 12.6.1976

Art. 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90 €