Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de febreiro de 2017 pola que se notifica a citación para a práctica de proba testifical do expediente de reclamación patrimonial con referencia 17/16.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a María Jesús Cores García a citación para a práctica de proba testifical de expediente de reclamación patrimonial presentada por caída de María Esther Pazos no porto de Ribeira, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na avenida de Malecón, s/n, 15960 Ribeira (A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada a instancia da interesada María Esther Fernández Pazos, en que indica a práctica de proba testifical da testemuña María Jesús Cores García, notifícase a citación para o procedemento o vindeiro 6 de marzo de 2017 ás 10.00 horas nas oficinas de Portos de Galicia, sitas en Área Central, praza de Europa, nº 5 A, 6ª planta, Santiago de Compostela (A Coruña).

O expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Mar para ditar a presente resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia