Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xermade (expediente IN407A 2016/104-2, 8413 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial das Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: CT/OCR Candamil.

Situación: concello de Xermade.

Características técnicas:

1. LMT soterrada Muras 1 entrada e saída a 20 kV con orixe no apoio existente da LMT aérea Muras 1 e final no CT/OCR proxectado Candamil, cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. LMT aérea Cazás a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo C-3000-14 e final na LMT aérea existente dirección Cazás, cunha lonxitude de 73 metros en condutor tipo LA-56.

3. LMT soterrada Cazás a 20 kV con orixe no CT/OCR Cazás e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo C-3000-14 LMT aérea Cazás, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RHZ1-150.

4. Centro de transformación prefabricado Candamil, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección con interruptor, as cales serán telemandadas e unha de protección con fusibles.

5. Liña soterrada de baixa tensión, con orixe no CT proxectado Candamil e final nun paso aéreo a soterrado formada por catro circuitos, cunha lonxitude de 20 metros por circuito.

6. Liña aérea de baixa tensión, con orixe no paso aéreo a soterrado e final na RBT aérea existente, cunha lonxitude de 100 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 30 de xaneiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo