Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2017/75-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS cambio sección TRO 713.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ en seis actuacións:

1. 117 metros; orixe: centro de transformación (CT) García Barbón 2; final: punto acceso rede (PAR) existente no nó B.

2. 24 metros; orixe: PAR existente no nó C; final: CT García Barbón 3.

3. 86 metros; orixe: CT García Barbón 3; final: PAR existente no nó F.

4. 12 metros; orixe: PAR existente no nó G; final: PAR existente no nó H.

5. 44 metros; orixe: PAR existente no nó I; final: centro de seccionamento (CS) García Barbón nº 54.

6. 130 metros; orixe: CS García Barbón nº 54; final: CT Los Robles.

A instalación está situada na avenida García Barbón, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra