Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (648/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 648/2013 deste xulgado do social, seguidos a instancia de José Antonio Prieto Nieves contra Construcciones Metálicas Carreira, S.L. e o Servizo Público de Emprego Estatal, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Antonio Prieto Nieves, contra o Servizo Público de Emprego Estatal, e contra Construcciones Metálicas Carreira, S.L., debo declarar e declaro o dereito do actor a percibir a prestación por desemprego na contía resultante de aplicar unha base reguladora diaria de 53,35 euros, condenando ás demandadas a que así o recoñezan, acaten e aboen, declarando a responsabilidade directa da mercantil Construcciones Metálicas Carreira, S.L., polas diferenzas existentes entre a prestación á que ten dereito o demandante conforme a unha base reguladora de 53,35 euros diarios e a inicialmente recoñecida polo SPEE (de 50,97 euros diarios), por infracotización, con obriga de anticipo por parte do Servizo Público de Emprego Estatal, sen prexuízo das accións de repetición que poidan corresponderlle ao SPEE fronte a Construcciones Metálicas Carreira, S.L.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días a contar desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Metálicas Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza