Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do recurso de alzada do procedemento sancionador SPA-LU-0008/2013-EP, en materia de sanidade vexetal.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal por correo certificado con xustificante de recepción a través do servizo de Correos, e comprobado o domicilio social indicado no expediente para os efectos de notificación, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada, por comparecencia, da resolución do recurso de alzada do procedemento sancionador en materia de sanidade vexetal SPA-LU-0008/2013-EP.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada relacionada no anexo pode recoller a dita resolución no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Consellería do Medio Rural, situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: sancionador en materia de sanidade vexetal.

Expediente: SPA-LU-0008/2013-EP.

Persoa interesada: Fernando Guizán Durán.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.