Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a interesada no expediente de subvención para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural (expediente 14360013/2014).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 14360013/2014 (Orde do 26 de setembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle a interesada un prazo de un mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, no que poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte ao disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercitar calquera outro que coide pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento do expediente de subvención número 14360013/2014.

Interesada: CMVMC de Alxán, Pedroxo e Laxial.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Alxán-Soutomaior, 61, 36691 San Salvador de Soutomaior (Pontevedra).