Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00983-O-2016).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador OU-00983-O-2016 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ourense, 1 de febreiro de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00983-O-2016

9497-HBL

Lazarini Trans, S.L.

B27823244

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos quince (15) días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

5.6.2016; 19.13.00; A-52; 203,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros