Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00484-O-2016 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador OU-00484-O-2016 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunícaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 2 de febreiro de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00484-O-2016

5102-FXD

Logística Euroveiga, S.L.U.

B32408916

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

22.3.2016; 17.01; OU-310; 2

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00759-O-2016

5138-GDS

Transmery Agencia de Transportes, S.L.

B54674445

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

25.4.2016; 12.52; A52; 203,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00765-O-2016

5138-GDS

Transmery Agencia de Transportes, S.L.

B54674445

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

25.4.2016; 12.44; A52; 203,6

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-01068-O-2016

1350-FFJ

Andrés Torrente Sante

33810341L

El exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

17.6.2016; 9.20; A-52; 264

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

366 euros

OU-01135-O-2016

6937-HBG

Logística Nusa, S.L.

B32442378

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

27.6.2016; 19.00; N541; 32,3

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros