Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01294-O-2016 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación dos expedientes sancionadores número OU-01294-O-2016 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 1 de febreiro de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-01294-O-2016

6953-FMD

Javier Rodríguez Lázaro

71265109T

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

27.9.2016; 11.01.00; A-52; 202,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

OU-01295-O-2016

6953-FMD

Javier Rodríguez Lázaro

71265109T

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), carecendo deste.

27.9.2016; 11.19.00; A-52; 202,0

Artigo 141.9 da LOTT

Artigo 143.1.e) da LOTT

601 euros

OU-01411-O-2016

9340-DRG

Domingo de la Rosa Ávila

30533975A

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

23.8.2016; 9.10.00; A-52; 160,0

Artigo 142.1 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros

OU-01546-O-2016

8606-GDV

Management Fish Galicia, S.L.U.

B36979243

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

11.9.2016; 12.13.00; A-52; 181

Artigo 141.21 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

401 euros

OU-01547-O-2016

8606-GDV

Management Fish Galicia, S.L.U.

B36979243

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

11.9.2016; 12.29.00; A-52; 181

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros

OU-01567-O-2016

6039-FNR

Marcello Rubio Ubaldo

09700229W

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

13.10.2016; 15.56.00; N-120; 446

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros

OU-01623-O-2016

3753-BPW

Instalaciones Artísticas Iván, S.L.

B36464121

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

2.10.2016; 16.40.00; A-52; 173,0

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros

OU-01645-O-2016

3499-HVP

Cayser, S.L.

B27731116

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

6.10.2016; 11.16.00; A-52; 181,0

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

325 euros

OU-01716-O-2016

3992-BNB

Mohammad Afzaal

X4183271P

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

2.10.2016; 17.30.00; A-52; 181

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros