Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (747/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 747/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Millares Álvarez contra Expoferrer, S.A. e outros, foron ditadas as seguintes resolucións:

Providencia da maxistrada xuíza

Susana Villarino Moure

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

Unha vez dada conta no día de hoxe. Á vista da prórroga de xurisdición concedida polo pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na reunión do 16 de decembro de 2016, acordo respecto da proba presentada pola parte demandante en virtude de escrito do 20 de xuño de 2016 admitila como dilixencia final e acordar, de conformidade co artigo 88 LRXS, o traslado desta ás partes para alegacións sobre o seu alcance e importancia polo prazo de tres días. Unha vez que se realice o devandito traslado dese conta para ditar sentenza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe interpor recurso de reposición no trazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo e asino,

A maxistrada xuíza

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

As anteriores notificacións dirixidas á codemandada Expoferrer, S.A. devoltas con resultado negativo por descoñecida, únanse aos autos. Consúltense as bases de datos informáticas para averiguar novo domicilio desta.

Á vista do resultado da averiguación domiciliaria, remítanse as notificacións ao domicilio sito en Glorieta Norte, s/n, 21001 Huelva e, simultáneamente, porque consta dada de baixa a empresa segundo a información extraída da base de datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, notifíquense as resolucións a través de edictos a inserir no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios desde xulgado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas se efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que ao xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Expoferrer, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, facéndolle saber que ten á súa disposición na oficina deste órgano xudicial todos os documentos aos que se refiren as resolucións que se notifican.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza