Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato da obra de reforma e acondicionamento dun local na rúa Progreso número 38, de Ourense.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA26/2016.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=65615

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: execución das obras de reforma e acondicionamento dun local na rúa Progreso nº 38 de Ourense, co fin de destinalo a oficinas para a Axencia Tributaria de Galicia.

b) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 184, do 27 de setembro de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: catrocentos sesenta e seis mil douscentos trece euros con cincuenta e tres céntimos (466.213,53 €), IVE excluído.

b) IVE: noventa e sete mil novecentos catro euros con oitenta e catro céntimos (97.904,84 €).

c) Orzamento de xestión de residuos: catro mil seiscentos cincuenta e oito euros con cincuenta céntimos (4.658,50 €), IVE incluído.

5. Formalización.

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2016.

b) Data de formalización: 24 de xaneiro de 2017.

c) Entidade adxudicataria: Misturas, S.A., con NIF A-32118705.

d) Importe de adxudicación: 425.852,24 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda