Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de cafetaría na casa do concello.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Patrimonio. Nº expediente 19840-240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: a instalación e prestación do servizo de cafetaría no edificio administrativo do Concello, así como a instalación e explotación dun mínimo de 15 máquinas automáticas expendedoras de bebidas, 5 de snacks e similares, e 7 fontes de auga, na área de lecer e noutras dependencias municipais.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 14 anos e 5 meses. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.755.340,28 €.

5. Canon anual: 1.200 €.

6. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Complementaria: non. c) Definitiva: 20.000 €.

7. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista. a) Solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que, nos tres últimos anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior a 31.987,58 euros. b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a 31.987,58 euros. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

9. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 13 e 14 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: sí.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura ofertas técnica e conómica. a) Dirección: Casa Consistorial de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo. (www.vigo.org)

11. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 €.

Vigo, 13 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación