Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8405

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Miño, na sesión extraordinaria do 6 de febreiro de 2017, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual número 4 do PXOM, sometendo o expediente a información pública, durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no DOG e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Segundo. Remitir copia de toda a documentación ao órgano competente en materia de urbanismo, que dará audiencia aos municipios limítrofes e acadará os informes sectoriais autonómicos preceptivos.

Terceiro. Acordar a suspensión de licenzas nas edificacións que se pretenden incluír no catálogo de protección, así como nos núcleos nos que se propón a modificación das aliñacións e clasificación do solo, de acordo co documento de modificación puntual número 4 do PXOM, polo prazo de dous anos, que se contará desde a data do acordo de aprobación inicial, extinguíndose a dita suspensión en todo caso coa aprobación definitiva da modificación puntual.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Miño, 13 de febreiro de 2017

Ricardo A. M. Sánchez Oroza
Alcalde