Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de licitación.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca procedemento aberto, con varios criterios de valoración e tramitación ordinaria, para a selección e concertacion, cunha mutua colaboradora coa Seguridade Social, dun convenio de asociación para a cobertura de continxencias derivadas de accidente de traballo e enfermidades profesionais para o persoal do Concello de Vilalba e os seus organismos dependentes.

Valor estimado do contrato: non xera ningún gasto inmediato para a Administración.

Prazo de execución: un ano prorrogable (artigo 62 do Real decreto 1993/1995).

Os interesados poden acceder á información complementaria a través do perfil do contratante, no enderezo: vilalba.sedeelectronica.es

Vilalba, 31 de enero de 2017

Agustín Baamonde Díaz
Alcalde