Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8326

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 172/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 172/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Olivo Durán contra Jesús Fernando Bruni Zerpa, sobre ordinario, se ditou sentenza o 25 de xaneiro de 2017 co número 34/2017 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 172/2014 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de José Manuel Olivo Durán, asistido polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra Jesús Fernando Bruni Zerpa (Mesón Parrillada O Rancho), que non compareceu ao xuízo oral, e despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome da súa maxestade o rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes:

Que, estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Olivo Durán contra Jesús Fernando Bruni Zerpa (Mesón Parrillada O Rancho), debo condenar e condeno a parte demandada a aboarlle ao demandante a suma de 5.143,90 euros polos conceptos sinalados no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Fernando Bruni Zerpa, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza