Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8328

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1068/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1068/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Vanessa Alejandra Encalada Guerrero contra Ana Isabel Piñeiro Sánchez se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017.

Unha vez transcorrido o prazo outorgado aos herdeiros da demandada para que comparecesen en legal forma no proceso sen terse verificado acordo, de conformidade co artigo 16.3 LAC, declarar en rebeldía á parte demandada e continuar co proceso quedando as actuacións pendentes de sinalar os actos de conciliación e/ou xuízo en función da dispoñibilidade da axenda de sinalamentos.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber á parte demandada que, de conformidade co artigo 497 da LAC, non se lle notificará ningunha outra resolución fóra da que poña fin ao proceso».

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma aos herdeiros de Ana Isabel Piñeiro Sánchez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza