Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8308

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2786/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2786/2016-MCR desta sala, seguido por instancia de Miguel Migueles Díaz contra Mapfre Familiar, S.A. e outros sobre outros dereitos da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante Miguel Migueles Díaz contra a sentenza con data do 2 de marzo de 2016 ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo nos autos nº 871/2015 seguidos por instancia do demandante contra as demandadas, Marcelino Martínez Galicia, S.L., e navieira Mogor, S.L., absorbida pola anterior, Santos e Vila comunidade de bens constituída por Santos Rodríguez Martínez e José Luis Vila Martínez, Feliciano Santos e Amancio comunidade de bens integrado por Santos Rodríguez Martínez, Amancio Pérez Fernández e Feliciano Fernández Pérez, así como o empresario individual Santos Rodríguez Martínez, Minera de Rocas, S.L., Mogul Granito Ibérico, S.A., absorbida por Levantina de Minerales e Asociados, S.A. e as aseguradoras Caja de Seguros Reunidos Cía. de Seguros e Reaseguros, S.A. (Caser), MGS Seguros e Reaseguros, S.A., Allianz Cía. de Seguros e Reaseguros, S.A. e Mapfre Vida, S.A. Cía. de Seguros e Reaseguros sobre indemnización de convenio colectivo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Navieira Mogor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza