Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, sobre a resolución do expediente de clasificación dos montes denominados Freixoal 1 e outros, da parroquia de Barrantes, no concello de Tomiño, solicitada a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Barrantes.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1º da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: Antonio Crespo Iglesias, xefe territorial.

Vogais: Amalia Elsa Pazos Pintos, xefa do Servizo de Montes.

Xosé Carlos Morgade Martínez, representante das CMVMC da provincia de Pontevedra.

Víctor Abelleira Argibay, representante do colexio de avogados da provincia de Pontevedra.

Lorena Peiteado Pérez, letrada da Xunta de Galicia.

Vogais representantes da CMVMC de Barrantes: Jaime Fernández Vicente e Jesús Mosquera Puentes.

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo, funcionaria adscrita ao Servizo Xurídico- Administrativo.

Na cidade de Pontevedra, ás 17.00 horas do día 14.12.2016, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 2ª planta do Edificio Administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución do expediente de clasificación dos montes denominados Freixoal 1 e outros, na parroquia de Barrantes, solicitados a favor dos veciños da CMVMC de Barrantes (Tomiño).

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data de entrada 26.4.2012, Jaime Fernández Vicente, en condición de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Barrantes, pertencente ao concello de Tomiño, presenta unha solicitude de iniciación de clasificación dun total de cinco parcelas desta parroquia: Freixoal 1 e 2, Sardiñeira, Luneda e Rotea Vella.

Segundo. Tras solicitar á comunidade solicitante e recibir dela a relación de lindeiros das parcelas obxecto da solicitude, o 29.6.2012 o Servizo de Montes indica á Secretaria do Xurado de Montes Veciñais que a planimetría presentada é suficiente para identificalas e que as parcelas solicitadas non están clasificadas.

Terceiro. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, na súa sesión do 19.6.2013, incoar o correspondente expediente de clasificación das cinco parcelas referidas, baixo o nome de Monte Freixoal 1 e outros.

Cuarto. En data do 24.7.2013 o Servizo de Montes emite informe sobre os terreos solicitados de clasificación, en que recolle, en xeral, o seu uso veciñal, a invasión parcial de parcelas catastradas a nome de particulares e a existencia de pistas ou vías asfaltadas nalgúns deles.

Quinto. O rexistrador da propiedade de Tui certifica con data do 24.12.2013 que as parcelas citadas da parroquia de Barrantes (Tomiño) non figuran inscritas a nome de persoa ningunha nese rexistro da propiedade tal e como se describen.

Sexto. Con data do 13.1.2014 solicítase a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Tui, que queda realizada con data do 26.2.2014.

Sétimo. O Presidente da Comunidade de Montes de Barrantes presenta, con data do 14.2.2014, diversa documentación referente ao uso veciñal das parcelas e declaracións xuradas dos titulares de varias das parcelas lindeiras coas solicitadas de clasificación.

Oitavo. Preciosa Rodríguez Granja, titular dunha parcela lindeira coa denominada Rotea Vella, presenta planimetría e copia de títulos da súa propiedade para que se teña en conta no procedemento en curso. A Comunidade de Montes de Barrantes, en comunicación recibida o 6.5.2014, apoia esta alegación por non estar en contradición coa súa solicitude.

Noveno. Con data do 7.3.2014 o Concello de Tomiño remite certificación acreditativa da exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello do anuncio de clasificación.

Décimo. Vista a documentación que consta no expediente, as parcelas obxecto del obedecen á seguinte descrición:

Concello: Tomiño.

Parroquia: Barrantes.

Nome do monte: Freixoal 1.

Cabida: 0,9243 ha (superficie alegada na solicitude; excluídas as vías públicas).

Lindes:

Norte:

Polígono 25-parcela 154 Serafín Montes Fernández.

Polígono 25-parcela 151 Manuel Fernández Barreiro.

Polígono 27-parcela 392 Emilio Montes Fernández.

Sur:

Polígono 53-parcela 9 Máximo Martínez lglesias.

Polígono 53-parcela 14 Digna Pousadela Justo.

Polígono 53-parcela 11 Manuel Fernández Vázquez.

Polígono 53-parcela 15 Ernesto Casaleiro Álvarez.

Leste:

Polígono 27-parcela 5001 CMVMC de Tomiño.

Polígono 27-parcela 369 CMVMC de Tomiño.

Oeste:

Polígono 25-parcela 155 Emilio Montes Fernández.

Polígono 25-parcela 156 Emilio Montes Fernández.

Polígono 25-parcela 9001 estrada.

Nome do monte: Freixoal 2.

Cabida: 2,5040 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte:

Polígono 25-parcela 133 Manuel lglesias Otero.

Polígono 27-parcela 187 Rosa López Fernández.

Polígono 27-parcela 190 Albino Fernández Barreiro.

Polígono 27-parcela 191 Enrique Ríos López.

Sur:

Polígono 25-parcela 150 Hipólito Fernández Vázquez.

Polígono 27-parcela 185 Rosa López Fernández.

Polígono 27-parcela 388 Albino Fernández Barreiro.

Polígono 27-parcela 389 Pilar Fernández Barreiro.

Polígono 27 -parcela 390 Rosa Fernández Barreiro.

Leste:

Polígono 27-parcela 385 Manuel Fernández Barreiro.

Polígono 27-parcela 386 Pilar Fernández Barreiro.

Oeste:

Polígono 25-parcela 134 Manuel Fernández Rodríguez.

Polígono 25-parcela 153 Máximo Martínez lglesias.

Nome do monte: Sardiñeira.

Cabida: 1,4798 ha (superficie alegada na solicitude, excluídas as vías públicas).

Lindes:

Norte:

Polígono 24-parcela 1150 CMVMC de Barrantes.

Sur:

Polígono 24-parcela 9008 camiño.

Leste:

Polígono 24-parcela 852 Fernando Martínez González.

Polígono 27-parcela 860 Sara Vázquez Diego.

Polígono 24-parcela 861 Camilo Romero Martínez.

Polígono 24-parcela 862 Fernando Martínez González.

Polígono 24-parcela 863 Ricardo López lglesias.

Polígono 24-parcela 864 Claudino González Pereira.

Polígono 24-parcela 865 Víctor Rolán Pérez.

Polígono 24-parcela 866 Rafael Núñez Pousa.

Polígono 24-parcela 867 Víctor Rolán Pérez.

Polígono 24-parcela 868 Álvaro Álvarez Bouzada.

Polígono 24-parcela 869 Aurora González González.

Polígono 24-parcela 870 Julio Bouzada Calzada.

Oeste:

Polígono 24-parcela 9008 camiño.

Nome do monte: Luneda.

Cabida: 0,6221 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte:

Polígono 24-parcela 910 Ricardo Franco Martínez.

Polígono 24-parcela 6001 Enrique Lago Álvarez.

Polígono 24-parcela 6010 Rosa Fernández Barcia.

Polígono 24-parcela 9009 camiño.

Sur:

Polígono 24-parcela 939 Margarita Janei Piqué.

Polígono 24-parcela 944 Emerenciada González Besada.

Polígono 24-parcela 9014 camiño.

Leste:

Polígono 24-parcela 911 Manuel Seara Seves.

Polígono 24-parcela 912 Ricardo Evans Edward.

Polígono 24-parcela 913 Avelino Franco Martínez.

Polígono 24-parcela 914 Paul Ballard Malcoum.

Polígono 24-parcela 943 Américo Alonso Barcia.

Oeste:

Polígono 24-parcela 906 Rosa Fernández Barcia.

Polígono 24-parcela 907 Pilar Rodríguez Besada.

Polígono 24-parcela 908 Rosa Fernández Barcia.

Polígono 24-parcela 909 descoñecido.

Polígono 24-parcela 939 Margarita Janei Piqué.

Polígono 24-parcela 1390 Mercedes Alonso Franco.

Nome do monte: Rotea Vella.

Cabida: 0,2747 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte:

Polígono 24-parcela 89 Avelino Conde Fernández.

Sur:

Polígono 24-parcela 100 Nélida lglesias Álvarez.

Polígono 24-parcela 9200 Río Pego.

Leste:

Polígono 24-parcela 93 Carmen Martínez lglesias.

Polígono 24-parcela 125 Cristóbal Calzado Tejido.

Oeste:

Polígono 24-parcela 9200 Río Pego.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, débese entender por montes veciñais en man común os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando de xeito consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños.

Así, segundo establece literalmente este artigo e corrobora abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación como veciñal dun determinado terreo, en vía administrativa é a circunstancia de terse acreditado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

A isto debe engadirse, como ben sinala para casos análogos o Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, en sentenza do 29 de xuño de 2009:

«A función do Xurado Provincial é a de comprobar a existencia ou non dun aproveitamento consuetudinario comunal nos termos sinalados no artigo 1 da Lei 13/1989, o cal exclúe do seu exame cuestións de propiedade, reservadas á xurisdición ordinaria e que non obstan para a clasificación do MVMC».

Sobre os tipos de aproveitamento, este debe entenderse en sentido amplo no referido aos usos posibles, que poden ser variados e distintos en cada momento e parcela. A xurisprudencia establecida así o aclara. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da Sala do Contencioso-Administrativo, en sentenza núm. 1239/2002 establece que:

«..a Lei 13/1989 di que os montes veciñais sono con independencia das súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria. Por iso o feito de que o uso actual principal da parcela litixiosa non sexa agrícola, forestal ou gandeiro senón recreativo, non é obstáculo para a súa clasificación como monte veciñal...».

O informe do Servizo de Montes recoñece os usos veciñais das parcelas cando recolle que están ocupadas por masa mixta de frondosas –carballo, sobreira, loureiro, eucalipto– e alto fuste de piñeiro. Rozada... (Luneda), masa rareada de piñeiro de alto fuste e frondosas. Rareada silvicolamente e rozada... (Rotea Vella), ... en parte poboada por bastio-alto fuste de piñeiro en densidade media con sotobosque de frondosas e en parte rasa (Sardiñeira) ou poboada por novedío de frondosas –carballo, castiñeiro plantado, sobreira– e piñeiro e rexenerado de piñeiro, formación tratada por poda e roza ...(Freixoal 2). Unicamente na parcela Freixoal 1 atopa usos non compatibles con usos comunais debido á existencia dun depósito de pedra cortada e a que unha parte do terreo está ocupada por encrucillada de estradas asfaltadas.

A visita do instrutor corrobora en todos os seus termos este informe, atopando, ademais, nas parcelas Freixoal 1, Sardiñeira e Rotea Vella carteis da Comunidade de Montes avisando da prohibición de verter lixo ou entullo.

A Comunidade de Montes presenta diversa documentación sobre os usos veciñais destes terreos. Por unha parte inclúe comparecencias dos titulares ou herdeiros da maioría das parcelas lindeiras que, segundo o catastro, invadirían os terreos solicitados de clasificación, declarando que a planimetría presentada pola Comunidade de Montes é correcta e non existe esa invasión. Estas declaracións xuradas van acompañadas das sinaturas dos declarantes e de testemuñas, e todos asinan tamén a planimetría presentada perante o Xurado. A Comunidade de Montes achaca as supostas invasións de terreos particulares a erros na planimetría catastral e salienta que o propio informe do Servizo de Montes recolle que a planimetría presentada responde á realidade e que o linde dos terreos veciñais coa maioría destas parcelas particulares está delimitada por un muro.

Por outra parte, a Comunidade de Montes presenta declaracións xuradas de dous veciños, propietarios do depósito de pedra en Freixoal 1 e dun alpendre de animais en Sardiñeira, respectivamente, que declaran que son ocupacións temporais e que contan coa autorización verbal da Comunidade.

Examinada a alegación de Preciosa Rodríguez Granja e confrontada a planimetría presentada coa que consta no expediente, compróbase que a súa parcela non invade o terreo veciñal Rotea Vella, como ela mesma recoñece na alegación presentada.

Todas as declaracións xuradas citadas anteriormente inclúen, ademais, a afirmación de que as parcelas solicitadas de clasificación pola Comunidade de Montes están aproveitadas polos veciños ou limpadas e desbrozadas pola Comunidade.

Finalmente, o Concello de Tomiño non presentou alegacións á clasificación das parcelas e só se limitou a remitir a certificación da secretaria municipal (co visto e prace da alcaldesa) de que o anuncio relativo ao inicio do expediente estivo un mes exposto no taboleiro de anuncios do Concello, o que supón implicitamente o recoñecemento do carácter veciñal dos terreos obxecto do expediente por parte do Concello.

A existencia de vías asfaltadas que se presumen públicas nas parcelas Freixoal 1 e 2 obriga a excluílas da clasificación.

En consecuencia, vistos os antecedentes mencionados, a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 60/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o instrutor, en uso das facultades que ten conferidas, propón, e o Xurado acorda por unanimidade dos seus membros, clasificar como veciñais en man común as parcelas denominadas Freixoal 1, Freixoal 2, Sardiñeira, Luneda e Rotea Vella a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Barrantes, do concello de Tomiño de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito décimo e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes, que forma parte inseparable desta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasifición de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra