Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00035-O-2017 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00035-O-2017 e oito máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 24 de xaneiro de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00035-O-2017

7888-JHN

Albemar Pex, S.L.

B94130648

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas

2.12.2016; 01.09; A-6; 529,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01965-O-2016

1515-DNY

Ruibal Costa, Pedro

35477176K

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

7.10.2016; 02.30; A6; 535,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-01967-O-2016

4568-DPN

Grupo Sf Logística Portuaria, S.L.

B64397185

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas

17.10.2016; 20.13; A8; 574,0

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-01968-O-2016

4568-DPN

Grupo Sf Logística Portuaria, S.L.

B64397185

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

17.10.2016; 20.13; A8; 574,0

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01969-O-2016

4568-DPN

Grupo Sf Logística Portuaria, S.L.

B64397185

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

17.10.2016; 20.13; A8; 574,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-02141-O-2016

9885-JLT

Transhemapo, S.L.

B98723109

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

19.11.2016; 12.38; AG64; 55,9

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-02143-O-2016

9885-JLT

Transhemapo, S.L.

B98723109

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

19.11.2016; 12.40; AG64; 55,9

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-02180-O-2016

9885-JLT

Transhemapo, S.L.

B98723109

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

19.11.2016; 12.36; AG64; 55,9

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-02183-I-2016

7322-CPG

Trocheros, S.L.

B27265230

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

19.10.2016; 09.55; N-642; 51

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros