Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01611-O-2016 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-01611-O-2016 e catro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Lugo, 25 de xaneiro de 2017

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01611-O-2016

0700-JMS

Madorran Peréz, S.L.

B31246655

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

10.8.2016; 12.41.00; AG64; 55,8

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01612-O-2016

0700-JMS

Madorran Peréz, S.L.

B31246655

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas

10.8.2016; 12.43.00; AG64; 55,8

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01613-O-2016

0700-JMS

Madorran Peréz, S.L.

B31246655

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas

10.8.2016; 12.45.00; AG64; 55,8

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01631-O-2016

LE-2586-AJ

Iván Maceda Casas

34272991R

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

17.8.2016; 19.31.00; LU113; 17,9

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01750-O-2016

C-2523-AH

Sanforestal, S.L.

B27470624

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

30.7.2016; 11.08.00; NVI 515,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros