Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 318/2016, interposto por Fulgencio Fernández Martínez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 318/2016, interposto por Fulgencio Fernández Martínez contra a Resolución da Consellería de Facenda do 20 de xullo de 2016 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 19 de maio de 2015.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública