Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Manuela López Ledo.

María Manuela López Ledo, con DNI 32504671J, nada nas Pontes de García Rodríguez o 10 de decembro de 1932, faleceu o 21 de decembro de 2011, con residencia no centro xeriátrico La Magdalena e derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, no lugar de Paraño, municipio das Pontes de García Rodríguez, datos que constan comprobados xunto co da súa veciñanza civil galega no informe preliminar do 26 de xaneiro de 2016, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente o da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, no exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 101/2014, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,

ACORDO:

Primeiro. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Manuela López Ledo.

Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de patrimonio-anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez.

O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contado desde a data de adopción deste acordo.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2015/0025, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, CP 15871 Santiago de Compostela.

Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a cal se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda