Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a unha resolución pola que se formula declaración de impacto ambiental e se outorga autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático pola que se formula declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada número 2014-IPPC-25-307.

Proxecto: ampliación de explotación de ceba de porcos en Codeseda

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Juan Manuel Zas López

Expediente núm. 2014-IPPC-I-25

Localización: concello de Palas de Rei

Data: 16.12.2016

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático