Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8164

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso da parcela Estadio 1 do Plan especial de infraestruturas e dotacións.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do 2 de febreiro de 2017, logo dos informes e trámites preceptivos, e de conformidade co disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 65.7 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, aprobatorio do Regulamento da indicada lei, aprobou, por unanimidade, o cambio de uso da parcela Estadio 1 (de 2.548,00 m2) do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a modificación da ordenación detallada do sistema xeral-dotacional-1-Estadio Municipal-, co obxecto de posibilitar a construción dunha nova escola infantil.

Así, o uso inicialmente asignado á nomeada parcela por parte do Plan especial (dotacional, docente) mudouse polo de «dotacional, asistencial» co gallo de posibilitar a construción de referencia. Os dous usos están sinalados dentro do global dotacional.

As condicións urbanísticas manteranse inalteradas e serán de aplicación as recollidas no artigo 146 do Plan xeral de ordenación municipal.

O nomeado cambio de uso fundamentouse na memoria confeccionada polo arquitecto técnico municipal (Sr. Órrea Corral) o 30 de xaneiro de 2017.

O acordo pon fin á vía administrativa e contra el pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día siguiente a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia ou, se é o caso, da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de cualquera outro que se considere pertinente.

A Estrada, 6 de febreiro de 2017

José C. López Campos
Alcalde