Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2017 pola que se anuncia o inicio do procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 10 de febreiro de 2017, anúnciase, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.portosdegalicia.com, seccións «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», epígrafe «Alleamento de embarcacións», o inicio de procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas por Portos de Galicia.

A resolución de convocatoria, as bases aplicables a esta, a relación de embarcacións e o modelo de proposición económica poderán ser consultados e descargados a través da páxina web www.portosdegalicia.com, sección «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», epígrafe «Alleamento de embarcacións».

As persoas interesadas en participar formularán a súa oferta ou ofertas conforme o modelo do anexo III da resolución e, na forma e xunto coa documentación prevista na condición cuarta do anexo II.

O prazo de presentación de ofertas finaliza o dia 31 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro do 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia