Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2017, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de renovación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 26 de xaneiro de 2017

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: resolución de renovación da inscrición
no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

2864

Carlos Malvar Rodríguez

...883A

43868

Begoña González González

...819V