De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución de modificación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 26 de xaneiro de 2017
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Acto obxecto de notificación: resolución de modificación da inscrición
no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda
Credencial |
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
2862 |
María Luz García Conde |
...964Y |