Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

EDICTO do cambio de uso dunha parcela dotacional.

O Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de febreiro de 2017, previos os informes e trámites preceptivos, e de conformidade co disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 65.7 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, aprobatorio do Regulamento da indicada lei, aprobou, por unanimidade, o cambio de uso da parcela estadio 4- segregada - lote B - (de 4.262,00 m2) do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a modificación da ordenación detallada do sistema xeral - dotacional - 1 - estadio municipal, co obxecto de ser cedida ao Servizo Galego de Saúde para a construción dun novo centro de saúde.

Así, o uso inicialmente asignado á nomeada parcela por parte do devandito Plan especial («dotacional, institucional-administrativo») mudouse polo de «dotacional, sanitario» co gallo de posibilitar a construción de referencia, atopándose os dous usos sinalados dentro do global dotacional.

As condicións urbanísticas manteranse inalteradas, resultando de aplicación as recollidas no artigo 146 do Plan xeral de ordenación municipal.

O nomeado cambio de uso fundamentouse na memoria confeccionada polo arquitecto técnico municipal (Órrea Corral) con data 30 de xaneiro de 2017.

O acordo pon fin á vía administrativa, podéndose interpoñer contra este recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contado a partir do día siguiente a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia ou, de ser o caso, da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa; sen prexuízo de cualquera outro que se considere pertinente.

A Estrada, 6 de febreiro de 2017

José C. López Campos
Alcalde