Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8166

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación de servizos para a xestión, organización e desenvolvemento do Programa municipal de inmersión lingüística Vigo en Inglés 2017.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 18373-332.

2. Obxecto do contrato. Descrición: xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística mediante integración escolar en período lectivo nun High School «Vigo en Inglés 2017» para a mellora da competencia lingüística en inglés de estudantes de 4º da ESO matriculados en centros educativos de Vigo sostidos con fondos públicos.

Lugar de execución: Vigo e High Schools e familias de acollida de Inglaterra.

Prazo de execución: 8 meses. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 208.800 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional:

Os servizos ou traballos realizados nos cinco últimos anos deberán consistir necesariamente na prestación de programas de inmersión e integración lingüística en centros escolares estranxeiros en período lectivo escolar, similares ao que é obxecto deste contrato.

Os licitadores deberán presentar documentación demostrativa de que os centros escolares de destino ou High Schools en Inglaterra propostos están autorizados e recoñecidos polos organismos oficiais competentes de cada país, e acreditar fidedignamente que estarán a disposición do licitador no caso de resultar adxudicatario. A devandita documentación, para os efectos de poder ser valorada, deberá ser achegada polo licitador, acompañada dunha tradución literal e fidedigna do seu contido.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto   do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación