Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se autoriza modificar a categoría da escola de navegación de lecer Arousa Náutica Navegación, S.L. (Enal básica) e recoñecela como escola de navegación de lecer (Enal).

Antecedentes:

A escola de navegación de lecer Arousa Náutica Navegación, S.L. está actualmente inscrita como escola de navegación de lecer (Enal Básica), e solicita a modificación da súa categoría no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer, para recoñecerse como escola de navegación de lecer (Enal).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 221, do 19 de novembro).

2. Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

3. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

4. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Autorizar o cambio de categoría á escola Arousa Náutica Navegación, S.L. (Enal básica) e inscribila como escola de navegación de lecer (Enal). A citada escola segue mantendo o mesmo número de rexistro XGEN045, con que foi recoñecida. As instalacións están situadas na rúa Noro, núm. 4, 2º B, 15960 Ribeira, A Coruña.

Segundo o artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao publicación no DOG desta resolución e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, como pode ser o cambio dos instrutor/es ou da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e darse de baixa no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres (3) anos. A resolución publicarase no DOG.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro