Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2017, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na reclamación 27R001-1704-2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguiente ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 7 de febreiro de 2017

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27R001-1704-2016.

Interesada: Ediciones Hogar Verma, S.L.

CIF/NIF: B75150383.

Acto notificado: proposta de mediación.